O dique flotante precisa o si de Navantia

O dique flotante precisa o si de Navantia

19 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os traballadores do Naval saben que os barcos que construen en Navantia son moito máis caros que o dique flotante que piden. A construcción do dique foi o motivo da multitudinaria movilización e da xuntanza que os Comités de empresa de Fene e Ferrol mantiveron esta mañán co Conselleiro de Industria e o Alcalde José Manuel Rey. Javier Guerra manifestou a viabilidade de construir un dique flotante que potencie o sector de reparacións no naval da r&

Pero os traballadores saben que a empresa é do Goberno Central e que é necesaria a sua convicción e o investimento principal, ainda que á xuntanza desta mañán non asistiu o conselleiro delegado da compañía, Luís Cacho, a pesar dos convites que lle lanzou o alcalde de Ferrol.

A rentabilidade do dique flotante é incuestionable para os comités de empresa. Serviría para paliar a falta de traballo que dentro duns meses, cando rematen as construccións para Australia, poderían padecer os estaleiros galegos. O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Fernando Sinde, manifestou non entender moi ben a qué se refire o Conselleiro de Industria cando fala de “apoio subsidiario”.

As cifras do departamento de reparacións son positivas nos últimos anos nos que está absorvendo traballadores das auxiliares que, en caso ocntrario, se verían abocados ao paro. Os sindicatos teñen claro que se non nos movemos e nos dotamos do dique, virán outros e se levarán o gato á auga. De momento o proxecto queda en suspense.

Sociedade