O disco máis social de Los Tigres del Cañotas

O disco máis social de Los Tigres del Cañotas

15 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Quizais este sexa o disco máis social, porque as cousas están poñendose torcidas, pero sen deixar de lado este sentimento, este amor que despedimos por todas as mulleres do mundo enteiro” afirma o vocalista de Los Tigres del Cañotas, Suso Balado, á hora de falar do seu novo disco “Power People”.

No blog do grupo, Suso Balado aparece como Suso L’Amore, “tamén chamado o xílgaro de Centieiras pola súa melodiosa voz. Fai uso dela para engaiolar a mulleres con fortuna ata que logra deixalas na ruina”. Cos temas incluidos neste CD, ofrecerán actuacións no Bar O Son de Cociña en Perlío o venres 25 de setembro e na praia de Seselle en Ares o sábado 26.

Sociedade