O domingo corren as rapazas

Este ano acuden 181 mulleres de Fene na Carreira da Muller na Coruña
20 de Setembro, 2019 - 01:42 h. | Publicada por Radio Fene

Dous autobuses saen da casa do concello de Fene o domingo ás 8,30h e retornarán ás 14.00h

Unha nova edición da Carreira da Muller celébrase na cidade herculina o domingo 22 de setembro. En Fene organiza a viaxe á Coruña a asociación Por+ vida e a concellería de Igualdade do concello de Fene que aporta dous autobuses para o traslado das mulleres de Fene que van participar. Os autocares sairán o domingo 22 ás 8,30h da casa do concello de Fene e retornarán da Coruña ás 14h. Este ano participan 181 mulleres de Fene, sendo a máis veterana de 83 anos e a máis nova de 14 anos. Por +vida agarda ter unha moi boa experiencia un ano máis e con esta serán sete edicións.

Na inscripcion as participantes pagaron 15 euros para sufragar o material no que se inclúe a camisola co logo da carreira. A recollida de material fíxoa a asociación na cidade herculina nas instalacións de Palexco e será repartido o sabado 21 no salón de plenos do concello de Fene en horario de 11 a 13 horas. A saída para a carreira está programada para as 8.30 horas do domingo 22 e a volta sobre as 14 horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora