ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As expectativas para desentullar o emisario de Limodre son escasas, despois dunha segunda xornada de traballo. Como última medida dragarase o percorrido da tubaxe desde a praia de Almieiras ata a saída, nas proximidades do Mourón. Os técnicos de Aquagest non se amosan moi optimistas. Tentarán aumentar a presión do colector con 45 quilos de auga tras o intento de onte que só serviu para desentullalo lixeiramente.
O plan B, de dragar todo o conducto, resultará dificultoso e moito máis caro. Pero se nesta xornada non se resolve o problema afrontarán este arduo traballo, afirmou o alcalde de Fene, Iván Puentes. O primeiro rexedor permaneceu esta mañá na praia de Almeiras supervisando o desenvolvemento das obras. O problema xenerouse por non ter un sistema de depuración adecuado.
O empregado de Aquagest Benigno Seijo apuntou a posibilidade de dragar o percorrido do emisario submarino. Con ese traballo, intentaríase localizar posibeis roturas e máis o punto no que se produce o entullo.
Un dos veciños de Almieiras José Miragaya trasladou a Radiofusión a preocupación cidadán polos efectos que poidan provocar os verquidos na praia e no turismo. Urxe atopar unha solución para que as augas fecais deixen de cari no areal.
Os técnicos de Aquagest continuarán esta tarde bombeando auga a presión intentando desentullar o emisario submarino. Dese xeito eliminaríanse os actuais verquidos á praia de Almieiras en Limodre.