O duro traballo de aparcar

Hai 31 prazas de aparcamento en vez de 37, pero son máis anchas
01 de Marzo, 2019 - 02:08 h. | Publicada por Radio Fene

Fene habilita prazas de estacionamento máis amplas na avenida do Concello. Os traballos contemplaron tamén o pintado de dúas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e tres pasos de peóns.

O concello de Fene habilitou na avenida do Concello prazas de estacionamento máis amplas. Dunha banda deuse cumprimento á nova normativa na materia e, doutra, atendeuse unha petición reiterada pola veciñanza. As novas prazas amplían o espazo para o vehículo dos 2,10 aos 2,40 metros. Ata o momento, as dificultades para abrir as portas dos turismos eran evidentes. Coas novas dimensións, o número de prazas reduciuse, pasando de 37 a 31.

Así mesmo, os operarios tamén repintaron as dúas prazas reservadas na vía contigua á consistorial para persoas con diversidade funcional e outros tres pasos de peóns sitos na zona. Os traballos concluíron onte á tarde.

Institucional

Publica o teu comentario agora