O enfado de Djokovic

O enfado de Djokovic
09 de Setembro, 2020 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

Djokovic, descualificado do US Open por dar un pelotazo a unha xuíz de liña. O asturiano Carreño accede directamente aos cuartos pola acción antideportiva do número uno.Tras ceder o último xogo dese primeiro parcial, o serbio virouse e ao lanzar a bóla cara á parede do fondo, esta golpeou accidentalmente na noz á muller, que caeu de inmediato ao chan e tivo que ser atendida polos servizos médicos da organización.

ESCOITA O PODCAST:
Djokovic e a xuíza de liña. Imaxe extraida de eldesmarque.com

Quen non perdeu os nervios nalgunha ocasión? A calquera de nós pódenos pasar unha circunstancia como a que lle aconteceu estes dias ao tenista Djokovic. É doado que as persoas perdamos o control. Teñense que dar unha serie de circunstancias e uns rasgos de persoalidade, afirma o psicólogo José Barcia. Non todos reaccionamos igual ás situacións de estrés.

Non é tan raro que perdamos o control, pero a barreira cara o comportamento violento non é tan sinxela de traspasar. A pesar de que Nole defendeu que non houbo intención, como quedou claro, a dirección do grande neoiorquino decidiu finalmente conceder a vitoria a Carreño, atónito.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora