O ensino é un dereito gratuíto

O ensino é un dereito gratuíto

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Se a sanidade é un servizo gratuito para toda a cidadanía, tamén debe ser así co ensino. E dentro desa gratuidade universal, incluense os libros de texto, segundo o presidente da Federación de ANPAs de Ferrolterra Javier Sánchez. Trátase de buscar servizos gratuitos e de calidade, dentro do que se cualifica como un estado social.

A Federación de ANPAS de Ferrolterra afirma que co novo sistema de libros de texto, a Xunta de Galicia non vai aforrar cartos. Os pais e nais tamén censuran que a política de austeridade implique recortes no profesorado. Aseguran que vixiarán nestes comezos do curso escolar o cumprimento da normativa en vigor que obriga a impartir en galego ao menos o 50% das materias.

Sociedade