O ensino de As Pontes contra Wert

O ensino de As Pontes contra Wert

08 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Consello Escolar Municipal do Concello de As Pontes (A Coruña) ven de manifestar o seu respaldo á xornada de folga estudiantil convocada para o vindeiro xoves, día 9, en protesta pola Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que pretende aplicar o Ministerio de Educación. Así se acordou no encontro deste órgano onde, de xeito unánime, se expresou o apoio á xornada de protesta convocada para esta semana, un apoio que repr

Ademáis de secundar esta xornada de protesta, no encontro celebrado onte acordábase celebrar o mesmo xoves, ás 18.00 horas, diante da Casa do Concello unha concentración para a que, dende o CEM, se solicitou a participación de toda a comunidade educativa e veciñanza en xeral, para protestar contra unha lei que pretende destruír o ensino público e que aboga pola privatización e por eliminar a igualdade de oportunidades,dando lugar a unha ensinanza clasista, centralizadora, segregadora, mercantilista e autoritaria.

Por outra banda, durante a xornada de protesta do vindeiro xoves, tamén se busca que os executivos autonómico e estatal paralicen a tramitación dun novo decreto sobre os comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios.

E é que, as novas medidas que pretende aplicar a Consellería de Educación pasan polo pagamento do servizo de comedor, pasando a gratuidade actual do 92% a un 57% ao que se suma un incremento do 40% nas taxas que deben aboar aqueles estudantes que paguen este servizo, ademáis de eliminar a gratuidade para todo o alumnado que utilizar o transporte escolar, representando un novo ataque ao rural, ao ser esta población escolar a que máis uso fai do servizo de transporte escolar e, polo tanto, do servizo de comedor.

Así as cousas, dende o Consello Escolar Municipal, o seu presidente José Alén solicitou, a toda a veciñanza pontesa, a participación activa nesta xornada de folga estudiantil e na concentración das 18.00 horas co fin de demostrar ás administracións autonómicas e estatais a oposición da cidadanía a unha lexislación que servirá tan só para deixar sen recursos aos que menos teñen e para incrementar, aínda máis, as desigualdades sociais.

Finalmente, dende o CEM tamén se acordaba onte apoir a campaña de recollida de sinaturas, posta en marcha pola ANPA Outo Eume do C.E.I.P. A Magdalena, único centro pontés que conta con comedor escolar, co fin de dar conta do rexeitamento da cidadanía ao novo decreto regulador dos comedores escolares dos centros públicos que proxecta a Consellería de Educación.

Sociedade