O escaparate con deseño, elaborado e orixinal

O escaparate con deseño, elaborado e orixinal

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, xunto ao concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Tobío, fixeron entrega esta semana dos premios do II Concurso de Escaparates de Nadal convocado polo Concello. Un concurso no que participaron doce establecementos comerciais do municipio e do que o primeiro edil destacou a gran calidade dos traballos presentados, “estamos moi contentos coa participación acadada nesta segunda edición do concurso, na que se superou o número de

Unha iniciativa que tal e como explicou Regos ten como obxectivo potenciar o comercio local facéndoo máis atractivo para os posibles clientes, á vez de axudar a que a veciñanza se anime a mercar na localidade.

Pola súa banda, o concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Tobío, uniuse ás declaracións do alcalde e agradeceu tamén a boa acollida que está tendo esta iniciativa no municipio a pesar de levar tan só dous anos celebrándose.

En canto aos premiados, nesta ocasión establecéronse tres categorías, un premio á decoración máis orixinal, dotado con 300 euros, que foi para “Interópticas Ordes”. Outro premio á decoración máis elaborada dotado tamén con 300 euros e que foi para o establecemento “Tasmania”, e por último un premio dotado de 400 euros para o mellor deseño, que se outorgou á tenda “Kyrie”, que xa fora o ano pasado a gañadora do primeiro premio.

O alcalde, Manuel Regos, fixo entrega aos gañadores duns diplomas acreditativos ademais do premio en metálico.

Sociedade