O Escondidiño convoca o I Concurso de deseño de títeres

O Escondidiño convoca o I Concurso de deseño de títeres

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

En colaboración coa organización do festival internacional de títeres que este ano vaise desenvolver entre os días 18 ao 24 de maio, o local o Escondidiño de Redondela ven de convocar a primeira edición de deseño de títeres. Os interesados en participar deberán presentar so seus títeres no propio local, na rúa Meixónfrío, antes do día 21 do vindeiro mes.

Un xurado, formado por artistas participantes no Festival seleccionará un primeiro premio, dous segundos e tres accésits. Os premiados optarán a distintos premios como un convite para participar nunca comida cos titiriteiros, camisetas conmemorativas, entradas para as actuacións do festival e lotes de cervexa. Os interesados poden atopar máis información sobre o concurso na páxina oescondidino.blogspot.com. Esta é unha das actividades paralelas ao festival de títeres “Memorial Juanjo Amoedo” que celebra este ano a súa décima edición cunha programación na que non faltarán compañías chegadas de todos os puntos do planeta: Italia, Francia, Alemaña, Arxentina, Eslovenia etc., ademais da participación de diferentes compañías españolas e galegas. Compañías que repartirán as súas actuacións entre os espectáculos de rúa e as representacións en sala durante a semana que dura o festival.

Cultura