O escritor Rafael Malvido participa no Dia das Librarías en Ferrol

O escritor Rafael Malvido participa no Dia das Librarías en Ferrol

25 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O venres, 25 de novembro celebrarase por primeira vez en todo o Estado O DÍA DAS LIBRARÍAS: As tendas asociaciadas á Federación de Libreiros de Galicia, e aquelas outras que desexen colaborar coa data, pecharán as portas hoxe ás 22:00 horas, realizarán actividades literarias, lecturas colectivas, contacontos, e un desconto do 5% nos libros que merquen na xornada. Trátase dun acontecemento que se celebrará anualmente o último venres

Esta xornada presentouse en Galicia o día 23 de novembro nas instalacións da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.  Numerosas librarías galegas manifestaron a súa vontade de participar nesta xornada organizando diversas actividades. Entre elas a Central Librera da rua Dolores de Ferrol. O poeta e mariño, Rafael Malvido, asina libros nesta libraría ferrolá, con motivo desta xornada. O escritor natural de San Felipe, achegaba a Radio Fene esta mañán os seus sentimentos a respecto dos libros e das librarías, sentíndoas como lugares "máxicos" máis se cabe nos tempos da infancia do autor. 

Rafael Malvido asinará exemplares do seu primeiro libro publicado “Y entonces la mar...” na Central Librera dende as 7 desta tarde. O escritor ferrolano ultima a publicación dun novo poemario con 22 sonetos, ilustrado polo pintor, Eduardo Hermida, e que podería ver a luz moi pronto. Ademais  garda inédita unha futura novela.   

Sociedade