O Espai Sucre ensina postres aos hostaleiros de Ferrolterra

O Espai Sucre ensina postres aos hostaleiros de Ferrolterra

09 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sabor convírtese na prioridade absoluta, o resto das variabeis (técnica, emplatado, estética,...) son vehículos, medios, non fins. Debemos marcar os sabores sendo fieis ao produto orixinal. Esa é parte da ideoloxia do Restaurant Escola Espai Sucre. En Barcelona funciona a única casa de comidas especializada e centrada nos postres. Agora ven de abrir outra en New York.

Pero o Espai Sucre, matiza tamén os excesos de sucre, apreciando os sabores contrastados, as puntas de sabor. O abano gustativo amplíase coa dozura, o salgado, amargo, acidez, picante, agridoce,...

 

O Instituto de Ensino Secundario Fragas do Eume (Pontedeume A Coruña) acolleu esta tarde un curso de elaboración de postres. Entre as catro e media e as oito e media da tarde interveu o profesor da Escola Restaurant de Postres "Espai Sucre", Xano Saguer, pioneiro catalán neste sector. Empresarios da hostelería da comarca e alumnos do IES asistiron á sua clase maxistral e á  elaboración de oito exemplos de pratos doces.

O curso chamábase “A cociña dos postres” e organizouno a Asociación de Emprersarios de Ferrol Eume e Ortegal. Asistiron pois restauradores destas comarca así como un grupo elexido de alumnos e alumnas do Fragas do Eume.
 
A repostería é a parte do menú menos coidada nos restaurantes e iso hai que correxilo, segundo o restaurador catalán, Xano Saguer, a quén pillamos esta mañá coas mans na masa, preparando todo para esta tarde. Tentou transmitir á sua audiencia que a elaboración da repostería é máis sinxela do que pensan e demostroullo coa elaboración de oito postres.

Saguer afirma que a disciplina da repostería no mundo da restauración é relativamente xoven, dos anos 80. El montou con outros socios a primeira escola e restaurante adicados exclusivamente á cociña doce, o Espai Sucre. Hai pouco montouse outro en New York.

Sociedade