ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Radiofusión, a rede galega de emisoras municipais, retransmitiu o VI Slalom Scratch Fene, a proba final do Campionato Galego de Slalom, celebrada esta tarde noite no parque empresarial de Vilar do Colo en Fene (A Coruña). As mangas de adestramento comezaron ao mediodia e a competición principiou ás seis e media da tarde.
Juan Lojo, Marcos Rodriguez Rivas "Pontenova" e Edgar Vigo colaboraron cos seus comentarios nun programa dirixido dende o propio circuito por Ledicia Trillo e coa supervisión técnica de Lucía Rei. O frío non desanimou aos numerosos espectadores que se achegaron para disfrutar coas evolucións dos 44 pilotos participantes na carreira.