O esplendor para frikis da gaita

O esplendor para frikis da gaita
17 de Outubro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Daniel Bellón. Gaita solo. Contidos para amantes da gaita galega e Concursos volume I. 2001- 2006 Dúas iniciativas impulsadas polo gaiteiro máis premiado de Galicia con máis de 40 galardóns. Por exemplo, a muiñeira do Rilo de Betanzos xa conta con máis de 11.500 visualizacións. O Esplendor de Milladoiro é a última peza subida ás redes. Foi a primeira peza que interpretou Daniel na súa primeira participación no Constantino Bellón, concretamente no ano 2000, con 15 anos. 

Fotografia Xan Xe

Cada mes sobe a youtube e spotify temas seleccionados, entre os que presentou o músico de Fene a distintos concursos. Son proxectos para un público selecto. O criterio principal á hora de seleccionar os temas, é que lle guste a Daniel Bellón. Son proxectos “para frikis da gaita”. Úsanse pallóns e palletas que se utilizaron nos concursos. Compositor, músico e mestre da gaita. Daniel Bellón da Escola de música Bellónmaceiras.

Cultura

Publica o teu comentario agora