O estaleiro do futuro

A Universidade da Coruña e Navantia consolidan a Unidade Mixta de Investigación “O estaleiro do futuro” cun novo acordo.
29 de Novembro, 2018 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

Nesta nova etapa de consolidación, a UMI será un piar fundamental para a plena implantación do Estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol e axudará tamén á implantación da axuda que a UDC proporciona á industria galega.

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asina hoxe ás 13:00 horas na Sala de Xuntas da Reitoría, un novo acordo de colaboración para consolidar a Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia “O estaleiro do futuro”. Na firma estará, por parte do estaleiro, o director de Tecnoloxías Dixitais de Navantia, Carlos Merino, que codirixe a UMI UDC-Navantia xunto co profesor da Escola Politécnica Superior, Pablo Fariñas. A consolidación da UMI UDC-Navantia vén de ser aprobada pola Axencia Galega de Innovación, GAIN, cunha axuda total de 2,59 millóns de euros, cunha duración de tres anos ata 2021.

Co acordo que se asina hoxe, a Universidade e a empresa concretan as relacións entre ambas as dúas partes dos próximos tres anos. Nos vindeiros tres anos, a UMI traballará nas liñas principais de investigación abertas en 2015, entre as que destacan os proxectos de Modelado e Simulación de procesos, Trazabilidade de elementos intelixentes e Sistemas de Servizos Integrados (tamén coñecido como buque sen cables e no que colabora tamén a Universidade de Vigo); e engadirá dous novos proxectos, un sobre Xemelgo Dixital e outro sobre “operador asistido” que contará coa axuda de CTAG. (Na imaxe, o Comité de dirección da UMI).

Sociedade

Publica o teu comentario agora