ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Eume quere manter o liderato da Segunda Autonómica de fútbol. Terá que gañar mañá domingo en Pontedeume diante do Galicia de Caranza.
Quedan oito xornadas para o remate da Liga da Segunda Autonómica e para algúns equipos cada partido é unha final. O lider o Eume recibe ao Galicia de Caranza, mentras que o segundo en discordia, o Ortigueira visita ao Perlío nos Pinares. O Maniños visita ao Narahío e o Barallobre xoga no campo do Ramo co Animas. Todos os partidos da xornada comezarán mañá domingo ás catro e media da tarde, salvo o de Barallobre que principiará ás catro. Nos partidos aprazados xogados o xoves, o Eume venceu ao Animas por 0 a 3, e o Galicia de Mugardos B derrotou ao Numancia de Ares por 2 a 1. Tamén o xoves o Capela impúxose ao Narahío por 1 a 0 e o Valdoviño gañoulle ao San Pablo por 3 a 1.