O exemplo de participación nos Xogos da Mocedade

O exemplo de participación nos Xogos da Mocedade
30 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Mil douscentos nenos e nenas participaron nos Xogos da Mocidade de Fene en 1984. Era a novena edición das “olimpíadas” que pretendían reclamar instalacións deportivas. Uns dias despois dos Xogos, visitou Fene o conselleiro de Turismo e Deporte da Xunta de Galicia Manuel Angel Villanueva Cendón. O membro do goberno (de Alianza Popular) gabou o labor da Corporación no terreo deportivo e prometeu axuda nesa materia.

Xogos da Mocedade. Setembro 1984

O concello reclamoulle a construción de pistas polideportivas nas parroquias, un pavillón polideportivo cuberto e unha piscina municipal. O orzamento dos Xogos da Mocidade daquel ano 1984 alcanzou os 2.200.000 pesetas, segundo indicaba o edil de Deportes Xosé Manuel Martínez Fraguela. Competiuse en xadrez, tiro, balonmán, fútbol sala, judo, tenis de mesa, halterofilia, natación, piragüismo, atletismo, ciclismo e baloncesto, nas categorías masculina e feminina. Houbo tamén unha exhibición de voleibol. Equipos de todas as parroquias de Fene competían entre eles nun evento inaugurado por un desfile olímpico. O movemento asociativo impulsou a iniciativa e logo lle cedeu a organización do evento ao Concello de Fene. A denominada primeira "Olimpiada da Mocedade do Concello de Fene" celebrouse en 1977.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora