O fútbol da costa da morte, de gala

O fútbol da costa da morte, de gala

28 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Gala de fútbol da Costa da Morte elexiu a Doro, do Dumbria como o mellor xogador da comarca, nun evento organizado polo xornal dixital Que Pasa Na Costa. Os compañeiros deste medio de comunicación enviáronnos a crónica que reproducimos de seguido.

A Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, convertiuse no punto de encontro do Fútbol da Costa nesta III Gala do Fútbol da Costa – QPC. Esa precisamente era a nosa intención, despois de 7 anos vertebrando a Costa da Morte a través da rede. E coido que conseguimos xuntar xentes de Malpica ou de Sofán, con xentes de Muros e Outes, dando conta do potencia do noso fútbol, e servindo de especial homenaxe global aos 50 anos do Fútbol Costeiro.
Foi un emotiva noite de premios, acollida pola profesionalísima xente do Concello de Dumbría, á que tanto temos que agradecer, e dirixida por un grande. Grazas Fran Hermida por prestarnos a túa voz, A Voz do Fútbol da Costa, e o teu temple sobre o escenario. Non había espectáculo como en outras ocasións pero é que el mesmo é un espectáculo en si.
Falouse de unión, de como necesitamos unha entidade que nos represente, a todos, diante da Federación, para que non ocorran situacións como a destes días, precisamente.
En todo caso, como dicimos, foi unha noite de premios, así que imos repasando un por un os acontecementos da Gala.

Homenaxe aos 50 anos do fútbol costeiro

Quixemos convertir a Gala nun evento que servise para homenaxear á historia o noso Fútbol. E se falamos de historia tivemos que contar con dous grandes divulgadores como Luís Porto e Xosé María Lema Suárez. Aí está o traballo de
Luís Porto, que xunto ao seu sobriño Héctor Pose realizou o fantástico libro “Mar e Paixón” e Xosé María Lema Suárez co seu “Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa”, publicado no 1989. Estaremos atentos que el e mais Chema Rei, presi do Baio, están armando outro libro, que en breve estará nas librerías e cantinas: Cincuenta anos do C.D. Baio e da Liga da Costa”.
Ambos entregaron o trofeo, un fermoso balón de barro feito polos Oleiros de Buño en colaboración co Concello de Malpica, aos membros históricos dos 6 equipos fundadores que seguen en competición: Cee, Fisterra, Laxe, Ponteceso,
Porteño e Baio.
Sorpresa levaron os Porto e Lema Suárez cando Fran Hermida non os deixou baixar do estrado e lles entregou tamén un dos trofeos de Buño polo seu traballo de divulgación da nosa historia. Ben merecido, dende logo.

Premiando o traballo do Fútbol Base
Que alegría levou Vinto cando o chamamos esta semana para dicirlle que a familia QPC decidira entregar o Premio Especial Reale Seguros de Ponteceso  Os Miúdos. Un club sen o respaldo e unha infraestrura completa de club; un
dos clubs que máis fichas de base ten con máis de 120 nenos xogando, unindo os cativos de todo o concello baixo un mesmo escudo, dende 2007 traballando con 6 equipos en diferentes categorías. E se ben non nos interesa tanto desta-
car os títulos, este ano chegaron ás semis da Copa Infantil.
O segundo premio ao Fútbol Base foi escollido polos 140 especialistas (equipo PCDeportes e colaboradores, siareiros, xornalistas 3 membros de cada club). E a unanimidade foi aplastante: Óscar Leis recolleu o I Premio CALVO ao Fútbol
Base para o Dumbría CF.
Foi Antonio Trillo Canosa o gañador do Premio CALVO ao Máis Entendido, a porra que artellou ao longo do ano unha ausente Asociación de Clubs.
E foi Fermín, o presidente do Mazaricos, o que recolleu o Premio Muebles Carrasco ao Equipo Máis Deportivo.

Falando do Álbum
E chegou o momento do Álbum. Menudo éxito o Álbum este ano. Ver a homes feitos e dereitos mercando sobres e pegando cromos como cativos non ten prezo. Recibimos case que 100 fotos de xentes que completaron o álbum e que en-
traban no sorteo do Premio ElectroChouza- Tien21 ao que completou o Album de Cromos. Vemos a conexión en directo que fixeron dende a Gala coa notaría de Corcubión para ver o sorteo en “rigorosísimo” directo, da man do enviado especial Javier Calaza:
Pois aí subiu Puyol, do San Lorenzo a recoller a Play 3 da man de Domingo, de ElectroChouza- Tien21.

De pichichis e porteiros menos goleados
Grazas aos patrocinadores Bazarra, Pombo, Fútbol Táctico, Representaciones Juan, Chuminadas O Rollo, Reale Seguros. Atrio Proyectos, Vitureira Bouza e a soloporteros.com, que nos cede unhas luvas espectaculares para os porteiros. E
gracias ás máquinas do fútbol costeiro que subiron a recoller os seus premios:
Óscar Suárez (Malpica) como Pichichi da Pref. e 1a Auto.; Julián (Dumbría) como Porteiro menos Batido da Pref. e 1a; Raúl (Sofán) como Pichichi da 2a; Gato (Outes) como Porteiro menos batido da 2a; Javi Suárez (Baíñas) como Pichichi da 3a e Isma (Montelouro) como Porteiro menos batido da 3a.
E o mesmo Anxo Garrido entregou a Manu Guillamet o I Premio Vitureira #Remateegol, por dar 110 toques ao balón! Gracias Anxo por esas fantásticas vídeo- entrevistas!
Premio Calvo ao 11 ideal, con sorpresa
Reiteramos que as votacións foron completamente abertas entre 140 especialistas. Se ben o equipo de QPCDeportes propuxo 5 candidatos por posto, cada votante puido escoller quen quixera. E a verdade sae un 11 Ideal bastante xusto e apañado, que poderá competir co Fabril na última fin de semana de xullo.
Esa era a sorpresa que nos tiña gardada Alberto Pose, o home dos contactos, que está armando un partido entre a Selección da Costa e o Fabril, do que seguiremos informando.
Estes eran os nominados:
1 Porteiro: Gato (Outes), Bugy (Sofán), Julián (Dumbría) e Pombo (Malpica).
2 Lateral Dereito: Matías (Camelle), Pichi (Soneira), Adrián (Malpica) e Rubén Forján.
3 Lateral Esquerdo: Pereiro (Zas), Oscarín (Dumbría), Chinda (Castriz) e Manu Casal
(Malpica).
4 Centrais: Miguel Torrado (Corme), David Castro (Malpica), Dani Rama (Esteirana),
Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría) e Víctor Vecino (Zas).
5 Medios centros: Jota (Dumbría), Juan oBello (Malpica), Brais (Corme), Lucas (Corme), Baba (Soneira) e Jesús (XSC).
6 Interior Dereito: Doro (Dumbría), MC (Baio), Juan Chans (Corme), e Alex (Esteirana).
7 Interior esquerdo: Aitor (Fisterra), Xexo (Muros), Toniño (Corme) e Josiño (Esteirana).
8 ianteiros: David Blanco (Zas), Javi Suárez (Baíñas), Adrián Makaay (Dumbría),
Óscar Suárez (Malpica), Raúl (Sofán) e Kike Paluca (Esteirana).
E o 11 ideal: Julián (Dumbría), Rubén Forján (XSC), Oscarín (Dumbría), Alejandro (Corme), Aarón Fdez. (Dumbría), Brais (Corme), Lucas (Corme), Doro Dumbría), Aitor (Fisterra), Javi Suárez (Baíñas) e Óscar Suárez (Malpica).
Os máis esperados premios
5 eran os premios máis esperados e a tensión mascábase no ambiente. E comezou a entrega cun dos motores do noso fútbol, os siareiros. Asó que o Premio Que pasa na costa E.S. Bazarra á Mellor Afección, entregado por dous representantes de Bazarra, David Lourido e Sandra foi para... a Marea Azul do Corme CF.
Tocaba o Premio Representaciones Juan á Mellor Directiva e quen mellor que Juan Silva, que sabe ben o traballo que conleva formar parte dunha directiva, para facer entrega. A gañadora foi a do... CF Dumbría.
O Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador, despois dunha dura votación
foi para... Manu Roque (Outes).

Xa chegando ao final, era tempo dun dos premios máis esperados, o Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo, que entregou o mesmo porteiro do Malpica. Cunha rotunda maioría, e 80 votos, o gañador foi o Corme CF.
E finalmente chega o momento máis esperado. Tocaba o Premio Clínica Fisioterapia Sar ao Mellor Xogador. Non chegou Miki a tempo para entregalo pero a tensión mascábase, e finalmente o gañador, tras unhas votacións nas que se mesturan a traxectoria como a temporada actual, foi para... Doro (Dumbría).

Agradecementos

Temos que agradecer tamén a presencia de Josiño Mira da Radio Nordés-Cadena Ser e de José Manuel Ferreiro, de La Voz. Temos que agradecer a labor das azafatas que nos viñeron a botar unha man para que todo fose máis rápido.
E sobre todo, temos que agradecer aos patrocinadores que fixeron posible este evento: Calvo, Santitel, ES Bazarra, Clínica Fisioterapia Sar, Autocares J. Pombo, Representacións Juan, Fútbol Táctico, Reale Seguros Ponteceso,
Dafit, Entrenamento Persoal, Chuminadas O Rollo de Corcubión, Mobles Carrasco de Carnota, Aluminios Dumbría, Vitureira Bouza, Electro Chouza ien21 e Soloporteros.com. E por suposto, a Viki Rivadulla, e ao Concello de Malpica e mais os Oleiros de Buño polos premios, ademais do Concello de Dumbría por acollernos así de ben.

Sociedade