O fashion collage de Daisy Market

O fashion collage de Daisy Market

26 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha técnica xaponesa de envolver agasallos e as diferentes maneiras de expresión a través do collage centrarán 2 dos talleres que esta tarde botarán o feche ao Daisy Market 2010. Ao longo de 3 dias, máis de 80 marcas e deseñadores europeos participaron no showroom urbano no recinto feiral da Coruña. Unha posta en escea futurista e ambientada na lúa acolleu aos novos creadores.

Estes son 2 dos talleres que se desenvolverán esta tarde:

Taller Furoshiki

Neste taller desenvólvese unha técnica xaponesa de envolver agasallos

Número de prazas: 15
Duración: 3 horas
Data: Domingo 26, 16:30-19:30
Lugar: Workshop Área (Showroom)
Profesor: Diego Ante
Requirimento: Nocións mínimas non necesarias
Materiais que o alumno ha de achegar ao curso:
Panos grandes e papeis de cores, caixas e botellas para practicar o envoltorio

Taller Fashion Collage

Neste taller desenvolveranse diferentes maneiras de expresión a través do collage. Introduciranse materiais alternativos do collage e farase fincapé no contido expresivo de cada textura e material engadido sobre diferentes soportes: acetato, madeira, cartón, tea

Número de prazas: 15
Duración: 3 horas
Data: Domigo 26, 16:30-19:30
Lugar: Workshop Área (Showroom)
Profesor: Maya Koloyanova
Requirimento: Nocións mínimas non necesarias
Materiais que o alumno ha de achegar ao curso:
Papel A3, recortes de xornais e revistas, retales de teas, acetato de cores, papel de seda, soportes (acetato, madeira, cartón, tea?) papel de transfer, ferramentas de debuxo a elección (lapis acuarelables, lapis de cor, bolígrafo, plumilla., etc)

 

Sociedade