O ferrolán Alex López “pichichi” da Segunda División B, grupo I

O ferrolán Alex López “pichichi” da Segunda División B, grupo I

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador ferrolán do Celta B Alex López lidera a táboa de goleadores da Segunda División B, Grupo I despois de catro xornadas de liga disputadas. O futbolista suma tres goles, os mesmos que tamén fixo o xogador Rubén Vega da Ponferradina. Alex López milita no Celta B despois de negociar duramente este verán a súa marcha do Narón cara o Racing de Ferrol. Finalmente o rapaz inclinou a balanza cara a entidade de Vigo.

Alex López sumou o seu terceiro gol esta fin de semana no seu partido ante a S.D.Compostela. Os dous primeiros tantos marcounos na Malata ante o seu ex equipo o Racing de Ferrol.

Deportes