O Festival Carballo Interplay reivindica o audiovisual da “era Youtube”

O Festival Carballo Interplay reivindica o audiovisual da “era Youtube”

15 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O audiovisual ten un novo fogar, ubicuo, portátil, accesible en calquera momento, e que non é o televisor nin tampouco a sala de cinema. Internet e as plataformas de vídeo en liña están a crear novos formatos e novas formas de consumo. As figuras máis admiradas polos máis novos son mozos e mozas cunha canle propia de Youtube, algunhas das series con máis espectadores non están suxeitas ao prime time, son webseri

O festival de webseries estrea sección con participación internacional e durante as tres xornadas do evento sucederanse conferencias e coloquios, estreas especiais, concertos, sesións golfas e mesmo combates de cultura audiovisual e youtubeira. Haberá espazo tamén para reflexionar sobre a crecente importancia do famoso portal de vídeos en rede, do transmedia, do patrimonio audiovisual de Carballo a través da colaboración do Proxecto Socheo, das webseries feitas en Galicia ou do Código Fonte Audiovisual da xornalista Belén Regueira. As actividades son de balde até completar a capacidade dos recintos. O detalle da programación pódese consultar na web carballointerplay.com.

Cultura