O Festival de Cans ponse “bravú”

O Festival de Cans ponse “bravú”

08 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O XI Festival de Cans chega cunha grande proposta musical na edición más variada e atractiva da súa historia: a celebración dos 20 anos da primavera do rock feito en Galicia e en galego. Unha retrospectiva de documentais e videoclips do Xabarín e un concerto de Heredeiros da Crus artellan un dos pratos fortes desta undécima edición que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Cans (O Porriño

Un dos pratos fortes desta edición é a celebración dos 20 anos da primavera do rock galego, que contará coa actuación dos Heredeiros da Crus no Torreiro o sábado 24 e o pase dunha escolma de documentais sobre o bravú e de clips do Xabarín Club. Xurxo Souto presentará ademais o Ano Bravú, unha iniciativa extensiva que levará actividades por todo o país, así como o novo clip de Os Diplomáticos.

Este ano competirán en Cans 17 curtametraxes "na edición máis variada, que contará ficción, animación e non ficción, de estilos diversos que representa a variedade de olladas que hai no audiovisual galego". Entre as novidades, destacou a posta en marcha de sección como Cans Xtremo, con avances de traballos sobre deportes extremos ou singulares, ou London Canning, que achega propostas de creadores galegos residentes en Londres, así como a creación dun novo espazo: a carpa do río, coa que se descentraliza o festival e se ofrece un novo espazo de esparcimento e de actividades.

Cultura