O Festival Internacional de Xardíns de Allariz achégase ás dez mil visitas

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz achégase ás dez mil visitas

12 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Inaugurado hai un mes, en concreto o 8 de xullo, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz está a punto de chegar aos 10.000 visitantes.Coa súa apertura, en horario de 11.00h a 14.00h e de 17.00h a 22.30h, está recibindo unha media diaria de 200 entradas, que se incrementan a 500 os sábados e domingos.

Os 8 xardíns realizados polos paisaxistas portugueses Francisco Cabral e Elsa Severino están causando unha valoración moi positiva nos visitantes. Ademais moitos dos asistentes participan na elección do xardín máis votado que permanecerá un ano máis no Festival Internacional de Xardíns.O funcionamento da noria de 19.00h a 22.00h coa tracción do burro Samir é outra das pezas que suscita máis curiosidade.

Así mesmo son moitas as consultas formuladas sobre a edición do ano 2001 e a posibilidade de presentar proxectos que baixo o concepto “A moda no xardín”, teñen ata o 15 de novembro aberto o prazo de inscrición.

Sociedade