O Festival Sinsal 8 continúa en Ferrol con Nina Nastasia e Theo Blackmann como grandes protagonistas

O Festival Sinsal 8 continúa en Ferrol con Nina Nastasia e Theo Blackmann como grandes protagonistas

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nina Nastasia, Theo Blackmann e Ernesto Tomasini son os grandes protagonistas da segunda parte da programación do Festival Sinsal 8 en Ferrol. Abrirá os concertos a cantautora clásica Nina Nastasia, este domingo 10 do outubro na Capela do Torrente Ballester. O Teatro Jofre acollerá o segundo dos concertos o 17 de novembro. Actuarán o cantante de música medieval, Theo Blackmann e o barítono italiano Ernesto Tomasini.

Nina Nastasia levantará o pano do Festival Sinsal este domingo ás oito e media no Centro Cultural Torrente Ballester. A artista, que xa participou neste evento hai 4 anos, sorprende no eido da música clásica. 

A data principal do Sinsal na cidade departamental, será o 17 de novembro. A partir das oito e media, o Teatro Jofre acollerá dous concertos. O primeiro a cargo  do alemán afincado en Estados Unidos, Theo Blackmann. Un cantante de música medieval e unha dos mellores vocalistas da actualidade, destacou o coordinador do evento Julio Gómez. No segundo dos concertos actuará o barítono Ernesto Tomasini acompañado polo grego Othon, ambos cantantes residentes en Londres.  

As dúas actuacións conforman un dobre cartaz onde a voz será a gran protagonista que se amoldará a todos os estilos musicais. Uns concertos dos que Gómez se laia non se podan levar polos restos das cidades galegas nos que aterra o Sinsal (A Coruña, Santiago e Vigo). As entradas para os concertos pódense adquirir en Servinova. O prezo para o deste domingo é de 10 euros mentres que para o do 17 de novembro é de 12 euros.

Cultura