O FIV promociona a súa imaxe no Festival do Norte

O FIV promociona a súa imaxe no Festival do Norte

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Festival Independente de Vilalba (FIV) iniciou a súa labor de promoción de cara a que a carpa fucsia que se instalará na Praza da Constitución a noite do 21 de Agosto sexa a referencia musical de Galicia desa fin de semana estival. Unha delegación encabezada polo Primeiro Tenente de alcalde da vila, Jesús Bermúdez, e que contou tamén coa concelleira Yolanda García, achegouse ata Vilagarcía de Arousa para que os asistentes ao Festival do

O FIV busca ser un dos grandes referentes da música pop-rock en Galicia e unha aposta para dar a coñecer á capital chairega no resto da comunidade e do estado español. Así, a edición do 2010 será o terceiro ano no que se celebre e supón un importante salto de calidade no seu cartel. Este festival contará con nomes importantes dentro da música independente española como poden ser os cataláns Love of Lesbian, que veñen de tocar en Murcia no Estrella Levante, no Pulpop en Almería, ou no Contempopránea e son un fixo no prestixioso Festival de Benicassim.

Ademais de Love of Lesbian soarán en Vilalba outros grupos da talla de Sterotypo ou Zenttric, que foi nomeada aos Premios 40 Principais 2009 como Mellor Artista Novo e Mellor Vídeo. O roster do FIV complétano o grupo londinense de música electrónica Eat More Cake e os lucenses Zinc So!.

Actuacións de AC Andrade no Carmen Estévez

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá unha serie de actuacións de AC Andrade durante o mes de maio. As funcións, que serán de balde, terán lugar hoxe contra as 21.00 horas, baixo o título de “Iniciación ao movemento”; o venres 14, tamén ás 21 horas, cando representará un festival de canto e baile tradicional. Xa para o sábado 29 celebrarase o campionato de danza “Vilalba en movemento”, esta vez a partir das 19.00 horas.

Cultura