O Forum Euro-Latinoamericano Di Torino visita Sotavento

O Forum Euro-Latinoamericano Di Torino visita Sotavento

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Mais de 30 integrantes do Forum Euro-Latinoamericano di Torino, que se está a desenrolar estes días e remata hoxe en Santiago de Compostela, visitaron as instalacións da Fundación Sotavento Galicia. A cita formaba parte do programa da 2ª Conferencia deste Forum, organizada baixo o lema “Sistemas regionales de innovación: de la visión a la realidad” e permitiu aos visitantes coñecer os últimos proxectos de i

A xornada sumouse ás visitas realizadas a outras catro entidades galegas con diferentes experiencias no campo da investigación e desenvolvemento tecnolóxico. Os asistentes a esta visita procedían de diferentes países latinoamericanos e europeos como Chile, Arxentina, Brasil, Colombia, México, Dinamarca, Italia, Francia ou Bélgica.

O Forum Euro-Latinoamericano de desenvolvemento rexional baseado na innovación é un espazo que busca potenciar os diferentes vínculos de cooperación entre rexións innovadoras de Europa e América Latina. Despois da 1ª Conferencia, celebrada en Turín (Italia) no ano 2007, as actividades levadas a cabo durante estes días van dirixidas a todos aqueles que participan nos procesos de innovación nas súas rexións e que están interesados en ampliar os seus horizontes de colaboración internacional: axencias de desenvolvemento e de promoción da innovación, asociacións empresarias, clusters, centros tecnolóxicos, universidades ou o sector financieiro.

Sociedade