O frenesí abreu brecha

O frenesí abreu brecha
09 de Decembro, 2019 - 01:43 h. | Publicada por Radio Fene

O frenesí de Pereiro e Brais mete ao Barallobre na brecha. Estrella 2 – 3 Barallobre. Os goles de Barallobre foron de Byron (34) Miguel Pena (48) e Brais Veiga (90) O Barallobre empeza con bo pé esta fase da Liga da Segunda Galicia de fútbol. Cando xa daban por empatado o partido, unha xogada de Pereiro e Brais logrou traer os tres puntos para o Ramo, segundo o delegado do Barallobre Vítor Dominguez.

ESCOITA O PODCAST:
Gabi, Pena, Brais, José e Guille

Foi o primeiro partido da competición. O Barallobre recibe a vindeira xornada ao Ortigueira, e debe gañar para facer valer os tres puntos logrados onte domingo.

Deportes

Publica o teu comentario agora