O Gaiás, un colector idóneo para a Administración autonómica

O Gaiás, un colector idóneo para a Administración autonómica

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os orzamentos da Xunta non son todo o austeros que deberan: o diñeiro consignado para a Cidade da Cultura de Galicia, que se está a erixir no Monte Gaiás de Santiago de Compostela, deberan aforralos. Así o pensa o colectivo Cultura Si, Mausoleo Non que apela ao “sentido común” para deter a construción dos edificios aínda pendentes da macroinstalación cultural. O voceiro deste movemento, Xoan Carlos Ansia, advirte contra a duplicación

Cultura Si, Mausoleo Non está a litigar contra a obra na procura de que a Xustiza depure responsabilidades políticas polo sobreprezos da obra, que pasou dos 100 millóns de euros iniciais a un custo que pasa dos 500. Ao mesmo tempo, a organización chama ao sentidiño dos tres grupos parlamentarios que, na súa opinión, seguen adiante “inxustificadamente” co proxecto.

Sociedade