O Galicia de Mugardos disputa un choque crucial co Meirás

O Galicia de Mugardos disputa un choque crucial co Meirás

25 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Galicia de Mugardos xoga esta tarde na Pedreira un partido que pode resultar crucial para o remate da Liga da Primeira Autonómica. Se gañan ao Meirás e o Val empata ou perde mañá domingo, os mugardeses lograrían de xeito automático o ascenso de categoría.

Quedan tres partidos para o remate da competición oficial, e un dos xogadores do Mugardos, Rubén Seco vaise perder os tres encontros. Rompeu unha deda dun pé e atópase na casa escaiolado e practicamente inmobilizado.

 

 

 

Deportes