O GDR da Terra Chá presenta tres proxectos para mellorar o potencial económico da comarca

O GDR da Terra Chá presenta tres proxectos para mellorar o potencial económico da comarca

22 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) da Terra Chá levou a cabo hoxe, no Parador de Turismo de Vilalba, un almorzo de traballo para definir algúns dos proxectos que se poderían incluír dentro do financiamento do Plan Leader 2007-2013. A xuntanza contou cos alcaldes de oito dos nove concellos que forman parte desta institución comarcal. Así, os edís de Begonte, José Antonio Vázquez; Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño; Cosp

Os plans debatidos foron a creación dunha planta de transformación de produtos lácteos como alimentos funcionais; a activación dos Recursos da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” para a creación de emprego na comarca; e un proxecto de recollida e tratamento de residuos para reducir os custes e fomentar a separación selectiva do lixo.

 

 

A xuntanza pretendía, tal e como afirmou o xerente do GDR, Xosé Anxo Fernández, “definir as diferentes estratexias dos concellos que forman o Grupo e sumar esforzos para dar un paso adiante que permita un maior desenrolo da comarca”. Así, na reunión buscáronse “ideas estratéxicas e proxectos concretos para optimizar os recursos que permitan mellorar o potencial económico e social da Terra Chá”.

 

Entre estes plans está o Proxecto “Gota de Leite”. Antonio Congregado, representante de Plantalia Vegetal, foi o encargado de explicar aos edís chairegos os principais plantexamentos da empresa, que pasarían por xerar un proceso industrial de transformación do leite en derivados lácteos funcionais incorporando extractos de plantas medicinais.

 

Congregado razoou a potencialidade de “Gota de leite” na importancia do sector lácteo na chaira, ademais do volume de venta de leite en Galicia, que consume un 20% mais que a media española. O representante de Plantalia fixo fincapé no futuro dos alimentos funcionais, e estipulou nun tercio do consumo total de leite esta variedade con extractos saudables.

 

Entre os pasos e garantías necesarias para levar adiante o proxecto se precisaría definir unha liña de investigación, levar a cabo o desenrolo de protocolos de actuación, a incorporación das plantas medicinais, a realización de ensaios clínicos, a creación dunha liña de produtos, o rexistro das patentes e un proceso de I+D+i.

 

“Gota de leite” precisaría dun orzamento de 4.500.00 euros e contaría con 45 postos de traballo entre investigadores, comerciais e técnicos. Antonio Congregado comentou, asimesmo, que a incorporación destes extractos medicinais ao leite suporía un aumento de 0,5 € por litro, o que significaría uns 9.300.000 de euros mensuais de ingresos extras para os gandeiros.

 

O segundo dos plans, que se presentou baixo o cartel de “Activación dos Recursos da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” para a creación de emprego na comarca”, tiña como obxectivos principais o desenrolo social sostible e promover o emprego mediante a utilización de recursos propios.

 

Este proxecto xa leva tempo funcionando gracias ao apoio do propio GDR, a USC e a Consellería de Traballo, e ten como metas o aproveitamento sostible dos recursos naturais desta reserva da biosfera, fixar poboación no medio rural, implicar á universidade de Santiago no desenrolo económico e ambiental,  e atraer recursos humanos cualificados á comarca.

 

Entre as accións expostas polo profesor do campus de Lugo da USC Urbano Fra estarían o coñecemento dos usos e potencias do territorio, a creación dun visor xeográfico de localización dos recursos económicos, culturais e naturais da Terra Chá e a promoción de 11 cursos de formación para identificar as empresas e traballadores que poidan formar parte deste ámbito de acción. O orzamento co que conta é de 298.000 euros e o GDR aporta 11.000.

 

O último dos plans presentados foi o relativo ao tratamento de residuos da empresa Gimena Ingeniería. Desde esta firma se puxo enriba da mesa un plan para reducir os custes totais xerados polos residuos e que permitirían aforrar uns 10.500 euros aos municipios chairegos. Cartos que poderían ser empregados na contratación de persoal que informase á veciñanza sobre cómo proceder á separación do lixo e resolver as súas dúbidas sobre o proceso de reciclaxe de residuos.

 

O plan establecido por Gimena contaría cun descenso dun 5% no peso dos residuos, o que reduciría nuns 5.00 euros as facturas dos cocnellos, dun 8% o segundo ano e dun 10% o terceiro.

Sociedade