O glamour chega a Fene este Nadal

O glamour chega a Fene este Nadal

03 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Refaixo, unha tenda de roupa infantil e lencería, alzóuse co premio do I Concurso de escaparates de Nadal- Concello de Fene. O xurado, formado por expertos escaparatistas, valoróu a coherencia do conxunto á hora de outorgarlle o galardón. A tenda ubícase na Porta do Sol, esquina coa rúa da Fraga e ten nada menos que tres escaparates. A cor branca domina todo o espacio, o interior e exterior da tenda, onde se respira un aire parisino. "Glamour"

Copas de champagne forradas con puntillas brancas o mesmo que os bordes dos escaparates, colares de pérolas brancas, lámpadas brancas colgadas do teito... lograron dar ese ambiente nevado e festivo, típicos do Nadal. Detalles como o probador a modo de templete, ou o solado do chan conservado de época, dánlle a esta tenda de Fene un aspecto elegante e acolledor.

Unha vez recibido o premio de mans do alcalde de Fene, Gumersindo Galego, unha das propietarias apretou o botón do alumeado público do Nadal en Fene. En palabras do concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, e do propio alcalde, a iniciativa pretende que os veciños e veciñas de Fene merquen este Nadal na localidade. Que o esforzo por decorar as tendas- máis de 20 presentáronse ao concurso- atráia a atención dos viandantes e que os convide a entrar...e a comprar.
   

Sociedade