O goberno da improvisación

O edil nacionalista afirma que no último ano "desmoronouse" o servizo de recollida do lixo.
17 de Setembro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

O concelleiro do BNG, Manuel Polo, insistiu na petición de dimisión do edil de Promoción Económica, tal e como fixo no pleno de setembro.

ESCOITA O PODCAST:

O BNG de Fene condea o triple asasinato machista de Valga. O concelleiro nacionalista, Manuel Polo, así o fixo esta mañá no espazo As Foxas, ataviado cunha camisola negra alusiva á violencia de xénero. En ausencia de Juventino Trigo, Manuel Polo reiterou a petición de dimisión do concelleiro responsable de promoción económica de Fene ao que acusan de improvisar e de gastar os cartos previstos para eventos como a Festa Mariñeira, o Concurso de Tapas, que foi adiado, ou o Outlet que se vai celebrar esta fin de semana.

Noutra orde de cousas, o edil nacionalista criticou o retraso de proxectos como o Punto Limpo, o derribo das naves de Fondomar ou a rotonda prometida á veciñanza de Santa Ana. Non se explica tampouco a existencia do vertedoiro de neumátivos acumulados na nave municipal de San Paio. En palabras de Manuel Polo, en xeral, o servizo de recollida do lixo desmoronouse en Fene no último ano.

Nas Foxas, Manuel Polo, puxo en dúbida que os terreos mercados para ubicar o depósito de auga en Magalofes reúnan os requisitos. E, falando de auga, amosouse partidario, a priori, da xestión pública do servizo en Fene tendo en conta, afirmou, que neste momento o concello ten a maior parte da rede renovada.

Sobre o inicio do curso escolar, lamentou manuel Polo o baleiro nas aulas dos centros feneses, consecuencia dunha crise que se cebou nesta zona.

Institucional

Publica o teu comentario agora