ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 6700 persoas en paro veranse beneficiadas das axudas que o goberno galego destinará este ano aos plans de cooperación, unha iniciativa coa que se pretende reducir a porcentaxe de desempregados, especialmente no sector máis xoven da poboación.
O goberno galego busca reducir a tasa de paro en Galicia. Así o manifestou Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego, quen destacou a inversión total de a redor de 72,5 millóns de euros, dirixidos a organismos das adnimistracións públicas locais, universidades, e entidades sen ánimo de lucro, que suporán un 21 % máis de inversión que no exercicio anterior.
Hermida diferenciou entre dúas liñas de axuda: por un lado aquelas dirixidas á contratación de persoas para a prestación de servizos, que terán unha duración entre tres e nove meses, e por outro as subvencións para a contratación de axentes de emprego, cunha duración de 12 meses, e cun plus de esixencia no tema de estudos, sendo necesario un título universitario para acceder a este posto.
Ademais, neste senso, o director xeral resaltou a medida tomada polo goberno no caso das mulleres vítimas de violencia, onde os contratos serán sempre de doce meses.
O goberno galego busca con isto crear un programa de formación para a entrada no mercado laboral, xa que quenes xa foron beneficiarios das axudas o ano anterior non o poderán ser no ano presente, buscando especialmente a inserción laboral e a reducción do paro nos menores de 30 anos.