O gran evento multisectorial de Ordes abre as súas portas

O gran evento multisectorial de Ordes abre as súas portas

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Expo Ordes recibe aos primeiros visitantes este mesmo serán e inaugura unha manchea de actividades que ateigarán o calendario desta cita feiral multisectorial. Máis de 1.500 profesionais e 50 postos congregaranse baixo unha carpa de 1.800 metros cadrados situada no campo da feira da vila ordense. Os sectores textil, agropecuario, industrial, culinario e naval terán representación en Expo Ordes, tal e como nos contan dende a Radio Municipal na crónica falada adxunta.

 

Sociedade