ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O western "naipe de sangue" do director galego Manxo Fernández poderá verse mañá sábado, ás oito do serán, no Centro Cultural Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela). O pase enmárcase dentro do ciclo "Cinema con autor".
Este ciclo pretende, cun formato de cinema-coloquio, dar a posibilidade á poboación de conversar cos creadores do audiovisual galego ao tempo de ofrecer aos autores a oportunidade de contactar directamente co público.
A proxección será ás 20:00 horas no centro cultural Chan das Pipas coa primeira metraxe dun novo xénero o Grelos Western. A película que poderán ver os asistentes é "Naipe de sangue" unha historia de vaqueiros solitarios, vinganza e amor protagonizada por Silvia Superestar e Eladio Santos. Os que se acheguen contarán coa posibilidade de conversar cun dos seus directores, Manxo Fernández.