O grupo de teatro de maiores do Concello de Narón estrea “Os pintores non teñen recordos”

O grupo de teatro de maiores do Concello de Narón estrea “Os pintores non teñen recordos”

02 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A obra, impulsada pola Concellería de Maiores, preséntase este sábado no Auditorio Municipal da Praza de Galicia. A función comezará ás oito do serán, con entrada de balde.

“Os pintores non teñen recordos” é unha adaptación dunha obra de Darío Fo que fala das tolemias que o ser humano é capaz de facer por amor e de cómo resolver os problemas da maneira máis absurda e casual. A peza está protagonizada por Marcelino Bermúdez, Franciso Graña, Luz Ramos, Margarita Area, Antonia Álvarez e Alfonso Ramón.

O Grupo de Teatro de Maiores de Narón leva varios meses ensaiando e preparando esta obra que se estrea mañá e que servirá para pechar o programa de atención ás persoas maiores, pensado para mellorar as condicións de vida deste colectivo a través de actividades coma o teatro.

Sociedade