O grupo de teatro de Montemuro abre o Festival de Teatro de Braga

O grupo de teatro de Montemuro abre o Festival de Teatro de Braga

25 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Presos Por Uma Corrente de Ar” é a comedia que o Teatro Regional da Serra de Montemuro trae este venres á apertura da décima edición do Mimarte 2009 - Festival de Teatro de Braga, organizado por Cultura do Concello de Braga que se prolongará, ininterrumpidamente, ata o vindeiro 5 de xullo.

Da autoría de G. Pulleyen e Helen Ainsworth, este traballo dramático desenvólvese a partir da interación de catro personaxes que están a cumprir pena en servizo comunitario e que teñen por misión “erguer” unha estatua integrada nunha candidatura a Patrimonio da Humanidade. 

Con esta obra ábrese a décima edición do “Mimarte 2009” continúa con “Ibéria, a Louca História de uma Península”, Peripécia Teatro (o día 27), “Guignol”, Produções Ilimitadas Fora D’Horas (28), “Catavento”, Teatro das Beiras (29), “As Justiceiras”, Teatro ao Largo (30), “Paisagens em Trânsito”, Circolando (1), “Afonso Henriques”, O Bando (2), “Caveman”, Theater Mogul & Ready to Shoot (3), “Agamémnon”, Grupo Thíasos (4) e “Édipo Rei”, Grupo de Teatro Clássico da ESA (5)

Cultura