O grupo de teatro Siro López porá en escea A Derradeira Ocorrencia no Círculo de Perlío

O grupo de teatro Siro López porá en escea A Derradeira Ocorrencia no Círculo de Perlío

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo Siro López actuará dentro do ciclo de teatro afeccionado que desenvolverá o Círculo de Perlío. A formación naceu hai 10 meses e dende principios de ano están ensaiando unha obra que de seguro, gustar aos que se acheguen a vela o vindeiro 28 de novembro.

2 directivos da sociedade e 4 rapazas son os compoñentes do grupo Siro López. O nome quere render homenaxe ao debuxante e humorista ferrolán que tamén traduciu obras de teatro. Sacar este grupo adiante esixe un gran compromiso, algo que foi difícil nos comezos deste proxecto. Carlos Basoa foi quen propuxo facer este grupo.

O seu nome é sobradamente coñecido no mundo do teatro en Ferrolterra e en Galicia, dende os tempos do Teatro Círculo de Perlío. Esta formación fundouse en 1975 e contou con ata 40 compoñentes pero desapareceu por diferenzas entre membros do grupo e da directiva da entidade. A partir de aí, naceu Tagallo, que actuou durante 5 anos e que serviu de escola a algúns actores que se incorporaron a grupos de teatro profesionais.

O Grupo Siro López presentará o seu primeiro espectáculo o 28 de novembro no Círculo de Perlío. "A derradeira ocorrencia" é o título da obra baseada no texto dun autor húngaro. Unha montaxe atrevida, divertido e morbosa que segundo Carlos Basoa, fará sorrir a todos.

Cultura