O Grupo Literario Leiras Pulpeiro encherá Mondoñedo de poesía

O Grupo Literario Leiras Pulpeiro encherá Mondoñedo de poesía

05 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A vida ofrece estas chiscadelas. O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, é novo membro de honra do Grupo Literario Leiras Pulpeiro. Mais cando o poeta de Mondoñedo vivía, desbotara o ofrecemento de ingreso na centenaria institución por non considerarse merecedor de tal recoñecemento. Así que dalgún xeito, agora a Academia teima en que toda distinción era pouca para o autor do

Bouso profunda no retrato de Leiras Pulpeiro: “Por riba de ser excelente poeta, lexicógrafo que recolleu centos e centos de cantares e ditos populares, e un médico de prestixio, foi unha excelente persoa”. Tamén un cidadán comprometido, “galeguista, republicano federal e protector dos pobres”. Esa admiración polo reverenciado veciño de longas barbas, un dos creadores que contribuíron ao rexurdimento da literatura galega, foi o que xuntou ás persoas de diferentes eidos profesionais que traballan pola difusión do legado do poeta e que lle veñen de render un novo tributo en Mondoñedo.

Nestes poucos meses de traxectoria o Grupo Literario xa desenvolveu un roteiro turístico-literario que percorre as rúas da vila mindoniense e que inclúe unha audioguía para escoitar a través de dispositivos móbiles. A súa descarga é de balde, mais Fran Bouso advirte que está en fase “beta”, aínda que xa se traballa nunha versión definitiva, con narración de “voz humana” e a inclusión de dúas cancións: a “Alborada galega do seu querido Pascual Veiga”; e a adaptación que César e Afonso Morán, canda Rebeca Maseda, fixeron do poema “Roseira de rosas roxas”, en certo modo, o himno do Grupo Literario Leiras Pulpeiro. “Oficiosamente todos estamos de acordo”, concede Bouso.

Cultura