O grupo A Quenlla actuará o sábado na festa da Pena Molexa

O grupo A Quenlla actuará o sábado na festa da Pena Molexa

16 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No lugar de Vilasuso, na parroquia naronesa do Val, celébrase o próximo sábado unha nova edición da festa-recreación da lenda da Pena Molexa.

Conta a lenda que un poderoso feitizo convertiu a unha fada moi fermosa nunha rocha, a que hoxe se coñece como Pena Molexa. Conta a lenda que na noite do solsticio de verán se desfai o encantamento e, durante uns segundos, a rocha se transforma de novo en muller acompañada de fabulosos tesouros. Nese tempo a fada pedirá a quenes a contemplen que escollan entre as xoias e ella para romper o feitizo. Pero a avaricia dalgunha xente ao escoller o tesouro, provocará que o encantamento non se poida desfacer, e a rocha volverá gardar dentro de sí, e un ano máis, á fermosa fada.

Ao redor desta historia, a asociación cultural e recreativa de mulleres Zarabanda organiza, en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón, unha nova edición da festa-recreación da Lenda da Pena Molexa. O programa da xornada inclue xogos populares e deporte rural, unha churrascada e un concerto a cargo do grupo A Quenlla, ademais da habitual representación da lenda. As actividades comezarán ás seis do serán.

Sociedade