O grupo socialista de Fene gobernará coa xente

O grupo socialista de Fene gobernará coa xente

03 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O primeiro tenente de alcalde de Fene, o socialista, Antón Noceda, amósase conforme co reparto das áreas de traballo no goberno tripartito de Fene. Non se trata de gustos ou preferencias, dixo, senón de funcionalidade e operatividade.
Como xa informamos, a socialista Amalia García será a titular de Cultura e Educación. Antón Noceda o de Obras e Servicios, mentres que Joaquín Ayala se responsabilizará da área de Benestar

Unha das adicacións exclusivas será para o Psoe. Tardarán uns días en resolver para quen será a adicación e mesmo se para unha persoa ou se dividirá como fixo o BNG. O primeiro que farán os socialistas será, en palabras de Noceda, reunirse con todas as entidades de Fene, porque queren gobernar coa xente.

Sociedade