O grupo socialista de Vilalba presentará unha moción sobre o Camiño Real de Portariz

O grupo socialista de Vilalba presentará unha moción sobre o Camiño Real de Portariz

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O grupo socialista de Vilalba presentará hoxe unha moción no pleno ordinario do mes de maio para que a Xunta de Goberno se reafirme na resolución pola que se declararon públicos os dereitos de paso do camiño de Portariz, en Outeiro, situado na parroquia de Noche. Esta resolución permitiría liberar o paso de dito camiño por parte do Concello e que non se conceda unha licencia, solicitada por unha veciña da z

A polémica xordeu no ano 2002, cando varios veciños presentaron unha demanda ante o Concello pola obstaculización, por parte dunha residente, do paso en dito camiño que, segundo as súas alegacións, era público, o que a obrigaba a deixalo libre para o tránsito de persoas, animais ou maquinaria para pasar ás súas fincas colindantes. A Comisión de Goberno resolveu o caso en xuño de 2004 decidindo que o camiño era público, previo informe do aparellador municipal baseado no estudo das características do camiño, nos datos catastrais e na costume do pais: “ten o carácter de público e, en consecuencia, debe quedar libre e expedito para o transito de toda persoa (...) que se requira a (…) que retire os obstáculos que impiden a libre circulación por dito camiño no prazo e un mes a partir da notificación”.

 

Na notificación da resolución ás partes facíase constar tamén a posibilidade de presentar recurso contencioso-administrativo ou no prazo dun mes recurso de reposición. A parte demandada optou por este último, pero ao non ser respostado polo órgano de goberno do Concello nos 6 meses seguintes e non ser interposto recurso contencioso-administrativo pola parte demandada devén firme a Resolución.

Sen embargo, nunca se chegou a executar xa que permanecían obstaculizando o camiño unhas pedras de grandes dimensións e en datas recentes procedeuse, por parte da demandada, a pechar a entrada do camiño cunha verxa de ferro, o que motivou a presentación de sendos escritos dirixidos ó Sr. Alcalde, á Xunta de Goberno e á Comisión de Urbanismo por parte dos outrora demandantes para que executara a Resolución da Comisión de goberno de 22-06-04 de deixar libre o camiño por ser este público. A demandada presentou no mes de Abril solicitude de licenza municipal para pechar unha finca, concretamente a do litixio, que está pendente da celebración da Comisión de Urbanismo correspondente.


Sociedade