O hórreo e a paisaxe galega

O hórreo e a paisaxe galega
11 de Decembro, 2023 - 08:08 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de cento vinte persoas acudiron á inauguración da exposición “Descuberta Hórrea. Proxecto Magalofes” no local da Asociación Veciñal de Magalofes. Máis de cincuenta artistas compartiron as súas creacións arredor dos hórreos, coas obras de Malena Carballo, Laura Bouza, Andrea Pena, Juan Sobrino e Alejandro Coedo e coas fotografías os 36 hórreos de Magalofes realizadas por Xan Xe. Interviron no acto celebrado na tarde do sábado, o presidente da asociación veciñal Manuel Pico, o concelleiro de Urbanismo Manuel Polo, o director de Radio Fene Henrique Sanfiz, Laura Bouza de Laudas Calamity e o alcalde de Fene Juventino Trigo.

Fotografia Xan Xe

A mostra, organizada por Son Radiodifusión e por Laudas Calamity coa colaboración da Deputación de A Coruña pode visitarse na Asociación Veciñal de Magalofes (Fene) ata o 14 de xaneiro.O hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega,na que se manifesta o sentido plástico e a fantasía. Constitúe unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía. A Rede Hórrea quere que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural da humanidade.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora