O humorista Peter Punk no Museo do Humor de Fene

O humorista Peter Punk no Museo do Humor de Fene

14 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor de Fene súmase o 18 de maio, o venres desta semana, á celebración do Dia dos Museos. Fáino cunha xornada de portas abertas para que o público coñeza as instalacións redentemente remozadas; unha proxección de banda deseñada e a actuación de peter Punk, un dos clowns e humoristas máis destacados de Galicia dos ultimos anos. Os visitantes recibirán agasallos e moitas sorpresas.

O Museo do Humor de Fene volve a actuar despois dun tempo de reformas, coincidindo coa celebración do Dia dos Museos. O venres ás 4 da tarde abrirá as suas portas ao público cun menú especial de humor que arrinca ás 4 da tarde coa proxección do documental “ 35 anos de historieta galega” na sala Banda Deseñada. De 5 a 6,30 o publico pode participar nunha visita guiada polas instalacións. E ás 8 da tarde, na sala do Humor Negro temos a actuación de Peter Punk cun espectáculo do mesmo nome. O pallaso galego chega a Fene avalado por un intenso currículum profesional. Con máis de 800 funcións Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual. 

Gañador do Festiclown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal, Palestina, participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa. Neste momento conta con tres grandes espectáculos en distribución: o clásico Peter Punk – o que presenta en Fene o venres-  que levou á compañía ao seu nivel de recoñecemento actual e dúas novas apostas que non fan senón confirmar a progresión deste artista.

Sociedade