ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os ex-alumnos do IES de Fene, a primeira promoción de 1984-1985, que estaban organizando a cea do 25º aniversario do centro, xa teñen todo preparado. O día grande será o venres 21 de maio.
Podemos adiantar que ese dia á tardiña desenvolverán uns pequenos actos conmemorativos no propio instituto- saúdos, concerto e discursos de recoñecementos e agradecemento-
Sobre as 21:00 horas comezará a cea no Restaurante "Casa Peizás" (As Neves-A Capela) seguida dun baile ata as 03:00 da madrugada. Quen desexe participar terá que ingresar 47 € nunha conta de Caixa Catalunya, antes do día 16.05.2010. O menú e demáis detalles están colgados no usuario facebook "institutobarallobre".
O centro enviou unhas 300 cartas , segundo o director, Xoan Vázquez aos ex alumnos para convidalos á festa. Os promotores da cita abriron unha conta de correo electrónico con esta dirección: institutobarallobre @ yahoo.es ou en facebook, en institutobarallobre. A convocatoria ábrese a todos-as os que foron alumnos do IES, non só ós da primeira promoción, segundo Sechu Rodeiro, un dos promotores.