O IES Moncho Valcarcel incorpora un ciclo superior de Laboratorio

O IES Moncho Valcarcel incorpora un ciclo superior de Laboratorio

18 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O I.E.S. Moncho Valcarce das Pontes oferta, para o curso 2012-13, o Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade. A solicitude de admisión pode realizarse no centro do 18 de xuño ata o 2 xullo.

Este Ciclo Superior, que ten unha duración de dous anos, prepara técnicos superiores de laboratorio especializados na análise de materiais e produtos industriais.

É unhas das titulacións máis demandadas polas empresas da comarca, nas que se realizarán as prácticas.

Ademais de nas Pontes, este ciclo só se imparte na Coruña, Lugo, Vigo e Santiago.

Sociedade