O IESCHA celebra as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria o 6 de marzo

O IESCHA celebra as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria o 6 de marzo

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) celebrará as súas Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria o próximo venres 6 de marzo. O Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba foi a sede elixida para desenrolar a primeira convocatoria, ás 20.15 horas, e a segunda, que dará comezo ás 20.30 da tarde.

A orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria estará composta pola lectura da Acta da anterior Asemblea, a Memoria de Actividades do ano 2008, o Plano de Actividades para o 2009, se informará sobre o estado de contas e se fará balance económico do curso pasado, se debaterán os orzamentos para o ano 2009, ademais das propostas da Xunta Directiva.

Unha vez rematada esta primeira actividade terá lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria, onde se procederá á elección do Presidente e demais membros da Xunta Directiva. Para este punto queda aberto o prazo de presentación de candidaturas. Todos os asociados poderán facer uso do seu dereito a optar á Xunta Directiva se así o desexan. O prazo rematará no mesmo momento da celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria.

Sociedade