O IESCHA homenaxea este venres a Uxío Novoneyra cun acto no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba

O IESCHA homenaxea este venres a Uxío Novoneyra cun acto no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, dentro das actividades programadas co gallo do Día das Letras Galegas, organizan unha conferencia-recital a cargo do profesor Ricardo Polín, que contará coa participación do Centro Dramático Vilalbés. A cita será mañá, venres 21 de maio, contra as 20.30 horas no Centro Cultural.

O acto levará por título “Caen as follas – Versos a Novoneyra” e terá, ademais do relatorio de Polín, unha serie de recitados poéticos así como a proxeccións de vídeos e audicións musicais. Outro dos puntos de atención estará na entrega do diploma de Socio de Honra a Anxo Lamas, nomeamento recentemente concedido pola Asemblea Xeral do Instituto de Estudios Chairegos.    

Cultura