O IESCHA pon en marcha a IX edición da “Ruta Chairega”

O IESCHA pon en marcha a IX edición da “Ruta Chairega”

11 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A tradicional “Ruta Chairega”, que cada ano organiza o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), cumprirá, o vindeiro domingo 14 de xuño, a súa IX edición. Nesta ocasión, o camiño que percorrerán os participantes cubrirá unha distancia de 12 quilómetros polas terras de Meira. A ruta de sendeirismo Miño-Eo do municipio lucense foi o espazo escollido para a celebración deste evento.

Pero camiñar e vivir este incomparable entorno natural non serán os únicos praceres que se poderán desfrutar o próximo domingo. Ao remate da ruta, os asistentes repoñerán forzas cun bo xantar nun restaurante da zona.

 

O traslado cara Meira realizarase en autobús desde Vilalba, saíndo das inmediacións da Casa da Cultura, na rúa da Pravia, contra as 9.00 horas, mentres que a hora de retorno será ás 18.00 horas.

O custe desta actividade será de 20 euros, e aqueles que estean interesados en participar poden apuntarse contactando con algunha das persoas integrantes da Xunta Directiva do IESCHA ou dirixíndose, polas tardes, a calquera dos teléfonos seguintes: 639-246459, 651-361628 ou 670-514801.

Sociedade