O IESCHA programa unha conferencia sobre Ramón Piñeiro para o venres

O IESCHA programa unha conferencia sobre Ramón Piñeiro para o venres

27 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O mes que o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) destinou ás Letras Galegas toca ao seu fin o vindeiro venres 29 de maio cunha conferencia sobre Ramón Piñeiro. O Salón de Actos do Centro Cultural Recreativo de Vilalba acollerá, a partir das 20.30 horas, o relatorio do filósofo e escritor vilalbés, Antón Baamonde, titulado “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” , e que será presentado por

Este será a terceira acción do IESCHA para celebrar esta festa da cultura galega, despois da conferencia de Pilar García Negro e a viaxe a Santiago de Compostela para asistir á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do noso idioma; tamén deseñamos unhas camisetas co lema “Fala galego, non sexas pailán”.

Cultura